ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O profesor de Artes Plásticas natural de Rianxo Raúl Gil Burés obtivo o primeiro premio do IV Certame de pintura rápida en explotacións mineiras de Galicia Mineira 2009, dotado con 2.000 euros. Gil Burés xa acadara o segundo premio na pasada edición desta cita artística. O certame, que se desenvolveu o pasado sábado na canteira Eidos, no concello pontevedrés do Porriño, reuniu un total de 54 artistas. Beatriz Seijo Lamas, natural d
A iniciativa, organizada pola Cámara Oficial Mineira de Galicia coa colaboración de Grupo DFG e da Asociación de Canteiras de Galicia e co apoio da Consellería de Economía e Industria, ten como obxectivo achegarlle a realidade da minaría e dos seus espazos ao conxunto da sociedade. En anos anteriores, a canteira Juanita, en Carballeda de Valdeorras, a mina de San Finx, en Lousame, e a de Endesa, nas Pontes de García Rodríguez, foron os espazos onde se desenvolveu o concurso.
A canteira Eidos, cuxa explotación se iniciou nos anos 70, é a de maior tradición dentro de Grupo DFG. O material que se extrae é Rosa Porriño, cunha produción anual aproximada de 45.000 metros cúbicos de granito en bloques.