O mundo marxinal de A Esmorga de Blanco Amor

O mundo marxinal de A Esmorga de Blanco Amor

21 de Xaneiro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A compañía Sarabela Teatro, dirixida por Ánxeles Cuña, representará este sábado no Pazo da Cultura de Narón a obra de Eduardo Blanco Amor  “A Esmorga“. Unha traxedia áceda e cruel de tres homes marxinais e marxinados que ao longo de vintecatro horas deambulan polos arrabais de Auria, trasfondo ficcional da cidade de Ourense.

Perseguidos pola xustiza e baixo a choiva e o frío da noite, Cipriano Canedo, obreiro (O Cibrán ou O Castizo), Juan Fariña (O Bocas ou O Alifante), sin oficio coñecido, e Eladio Vilarchao (O Milhomes ou o Maricallas), sastre de profesión, atopan o seu desafogo no alcol, o sexo e a violencia. A entrega aos placeres máis primarios, como fuxida á adversa realidade na que viven, os leva á autodestrucción.

Interpretada por Fernando Dacosta, Suso Díaz, Xosé A. Porto 'Josito', “A Esmorga” ponse en escea este sábado ás oito do serán no Pazo da Cultura de Narón.

Sociedade