O Museo de Humor de Fene, máis Marín que nunca.

O Museo de Humor de Fene, máis Marín que nunca.

14 de Xuño, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O Museo do Humor de Fene volve abrir as súas portas. As instalacións remodeláronse ao longo do pasado ano con cargo ao Plan E e agora retorna cunha homenaxe ao seu fundador, o humorista e debuxante Xaquín Marín. O acto de reinauguración comeza ás 18.00 horas.

A obra e a silueta de Xaquín Marín presidirá unha institución creada en 1984, nun momento no que a reconversión naval azoutaba a comarca. Agora, na actual situación de crise económica, tamén precisamos do humor como unha necesidade acuciante. O debuxante Carlos Sardiña realizará mañá caricaturas a partir das seis da tarde. O acto contará ademais coa presenza do arquitecto Felipe Peña, quen deseñou na década dos 80 o edificio da Casa da Cultura que alberga as instalacións.

Unha mellor estructura para albergar os fondos do Museo, novas salas como a do Humor Negro, ou a modernización do espacio, son algunhas das novidades que nos atoparemos ao acceder ás novas instalacions remozadas. E moita presencia do seu fundador, Xaquín Marín, dende a mesma porta de entrada. El será o protagonista no acto de mañán.

Sociedade