O Museo de Viladonga incorporará tecnoloxía 3D para facilitar a comprensión dos seus fondos

O Museo de Viladonga incorporará tecnoloxía 3D para facilitar a comprensión dos seus fondos

03 de Marzo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

O Museo de Viladonga remodelará o deseño da exposición permanente que ten dentro das súas instalacións. O material exposto será o mesmo que viña existindo ata o de agora, aínda que o que cambia será a forma de divulgalo. Para elo, a dirección do centro optou por incorporar as novas tecnoloxías e incluirá dous novos ordenadores e dous DVD´s que se situar

Coa introdución das TIC, ampliaranse as posibilidades para o visitante, xa que se lle facilitará a comprensión das particularidades arqueolóxicas do Castro que, segundo a directora, Elena Varela, “ás veces podían resultar algo áridas e complexas para os asistentes”. As posibilidades de interactuar coa información vertida son grandes, xa que as súas pantallas táctiles facilitan unha viaxe mais cómoda polos contidos. Ademais, o emprego da tecnoloxía en tres dimensións nesas dúas computadoras, amplificará os ángulos de visión e as explicacións que se ofrezan dos materiais.

Estes dous novos ordenadores estarán encamiñados en dúas direccións. A primeira, amosar de forma completa e global as pezas monetarias que se atopan nos fondos do edificio. Coa única instalación das moedas en vitrinas tíñase unha visión limitada, xa que tan só se podía ver o anverso ou o reverso das mesmas, mentres que agora, gracias ás 3 dimensións, o usuario poderá rotalas e ver as dúas caras.

A segunda das opcións que aportan os equipos informáticos será o estudo do conxunto do Castro de Viladonga. A partir da súa instalación, que se prevé nun corto período de tempo, poderán verse os sistemas defensivos, o antecastro, a distribución da CROA ou a construción dos teitos. Así, o visitante terá unha mostra mais real do que puido ser o recinto castreño.

Os novos DVD permitirán completar a información co estado das escavacións, de novas pezas e actuacións, ademais do entorno natural e poblacional de Castro de Rei.

Esta remodelación permitirá, en palabras da directora do Museo de Viladonga, Elena Varela, “un coñecemento completo do castro, mais amplo, con mais información e moito mais comprensible para os visitantes”. Esta actuación está financiada pola Dirección Xeral de Patrimonio, organismo dependente da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia.

Sociedade