O Museo do Humor de Fene reabre

O Museo do Humor de Fene reabre

16 de Xuño, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A reapertura do Museo do Humor de Fene convertiuse nunha homenaxe ao seu promotor, o debuxante e humorista Xaquín Marín. A preparación de novas salas remodeladas serviu para recuperar o significado, a alma dunha institución única en Europa.

Xaquín Marín lembrou que a creación do museo no ano 1984 representara un soño desde Fene polo humor galego. Pretendíase activar unha panca contra a crise e o derrotismo da vida moderna. O humorista emprazou aos actuais responsables do museo a continuar agrandando o seu patrimonio. O alcalde de Fene Iván Puentes salientou a insólita infraestructura cultural que representa o Museo do Humor, institución que ten divulgado o nome de Fene ao longo de todo o mundo, segundo afirmou.

Cultura