O Museo Provincial de Lugo inicia unha nova etapa coa mostra “Rexistros abertos”

O Museo Provincial de Lugo inicia unha nova etapa coa mostra “Rexistros abertos”

07 de Abril, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

Unha viaxe polos últimos 25 anos da arte contemporánea galega proponos a mostra Rexistros Abertos inaugurada no Museo Provincial de Lugo. A exposición, que se pode visitar ata o 31 de maio, marca un antes e un despois na traxectoria da institución que a acolle.

En Rexistros abertos conviven artistas consagrados con outros cualificados como importantes valores da arte contemporánea. Trátase de nomes propios como os de Manolo Paz, Vari Caramés, Jorge Perianes, Nano 4814, Suso Fandiño, Francisco Leiro ou Chelo Matasán. Cada un deles aposta por linguaxes e estilos diferentes, pero tamén se atopan unidos por determinados puntos en común. Segundo explicou en Radiofusión a comisaria da mostra, Verónica Santos, en todas as pezas se percibe “a preocupación polo espazo e tempo”.

Esta exposición é a primeira que o Museo Provincial de Lugo exhibe baixo a dirección de Aurelia Balseiro e serve de exemplo do que será a nova traxectoria da institución. A partir de agora apostarase por unha liña expositiva diferente, marcada pola maior permanencia das mostras nas salas e a programación cultural deseñada arredor de cada proposta.

Sociedade