O número de delitos baixou en Guitiriz nun 2,29% en 2009

O número de delitos baixou en Guitiriz nun 2,29% en 2009

16 de Marzo, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

En canto á súa tipoloxía, desde a subdelegación do goberno estableceuse que os delitos contra o patrimonio experimentaron unha caída do 7,69%, provocado pola diminución do número de delitos de danos do 100% e de roubo con forza nas cousas do 13,33%.

Si ollamos os delitos contra as persoas prodúxose un descenso do 50%,  orixinado pola baixada nos delitos de lesións do 100%. En canto á seguridade colectiva, a caída foi dun 28,57%.

En relación ás faltas o descenso foi do 22,22%, xerado na súa maioría pola diminución, nun 39,29%, do número de faltas contra o patrimonio.

Guitiriz, debido á caída de infraccións penais rexistradas en 2009, ten unha taxa de criminalidade do 13,71 (infraccións penais por cada 1000 habitantes), atopándose por debaixo da media provincial que se sitúa nun 15,59.

Por outra parte, os datos de actividade delituosa nos meses de xaneiro e febreiro do ano 2010 en relación ao mesmo período do ano anterior, reflicten que o número de infraccións penais baixou nun 50% con respecto ao 2009.

En relación aos delitos rexístrase un descenso do 66,67%, pola baixada do número de delitos contra o patrimonio. En canto ás faltas houbo un descenso do 50% respecto ao período do ano anterior, xerado na súa maioría pola diminución do número de faltas contra o patrimonio.

Co obxectivo de previr a actividade delituosa durante o ano 2010 adoptaranse unha serie de medidas como son a intensificación de vixilancia e control daquelas zonas susceptibles de maior índice delincuencial. Tamén se estreitarán as relacións coa Policía Local, para lograr unha mellor condución da colaboración e planificación de operativos conxuntos, intensificando no posible do número de servizos a prestar de xeito conxunto. O incremento dos Servizos de Vixilancia de Poboación e a intensificación da actuación das Unidades Policía Xudicial, serán outras das medidas adoptadas polas forzas de seguridade.

Á reunión, que tivo lugar no Concello de Guitiriz asistiron, en calidade de presidentes, o Subdelegado do Goberno en Lugo, D. José Vázquez Portomeñe e a Alcaldesa do Excmo. Concello de Guitiriz, Dña. Regina Polín Rodríguez, así como representantes da Policía Nacional, Garda Civil, Unidade de Tráfico e da Policía Local.

Sociedade