O Nadal leva a Xabier Díaz á igrexa do Divino Salvador de Fene

O Nadal leva a Xabier Díaz á igrexa do Divino Salvador de Fene

17 de Decembro, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Xabier Díaz e Guillerme Fernandez actuarán na igrexa parroquiald e Fene o 23 de decembro no Concerto de Nadal que organiza o Concello de Fene. Pecharán o concerto o Coro Infantil de Agarimo. Será o víspera da Noite Boa ás 20h. É unha das ofertas culturais do concello, cargadas de actividades deportivas, musicais e lúdicas. Porase en marcha tamén unha ludoteca e o obradoiro de risoterapia "Achégate á Risa".

O Concello de Fene, a través da Concellería de Deportes e Cultura, organiza nestas festas de Nadal unha morea de actividades para nenos e maiores. Así, bodypainting e aquillaxe de cine, deportes de raqueta, patinaxe ou xogos acuáticos en familia son os obradoiros da oferta deseñada. Todas as actividades celebraránse os días 22, 23, 26, 29 e 30 de decembro e 2 de xaneiro, en horario de mañá, e con precios que oscilan –agás os xogos acuáticos- entre os 6,5 e os 12,5 euros. En todas as accións as prazas están limitadas e desenvolveránse no pavillón da Xunqueira (excepto os xogos acuáticos, que terán lugar na piscina municipal de Centieiras).

Ludoteca.

Rocío Bértoa avanzou tamén a posta en marcha dunha Ludoteca de Nadal para favorecer a conciliación da vida familiar e laboral das familias fenesas neste periodo de vacacións escolares. Os interesados en sumarse á oferta do Concello deben formalizar a súa inscripción os días 8 e 19 de decembro no pavillón polideportivo da Xunqueira. O xoves, en horario de 9 a 13,30 e de 16,30 a 19 horas e o venres de 9 a 13 horas. A ludoteca de Nadal está dirixida a nenos e nenas de 3 a 7 anos e contará con actividades deportivas e creativas: xinkanas, xogos, manualidades, cociña creativa, cantabaila, arte...
 
Risas

O Concello abrirá este venres o prazo para anotarse no obradoiro de Risoterapia “Achégate á Risa”.  Celebraráse o 29 de decembro no CMI Unidade de Fene de 18 a 21 horas para maiores de 14 anos.Neste caso, a participación non custa cartos senón solidariedade, xa que os asistentes deberán entregar algún producto alimenticio non perecedoiro que irá destinado ao Banco de Alimentos de Ferrolterra.

Sociedade