O Narón contra o lider

O Narón contra o lider

12 de Decembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

O Narón xoga esta tarde o partido da xornada na Terceira División de fútbol contra o Deportivo B, no campo de Abegondo. Unha dificil papeleta xa que o Deportivo B lidera a categoria con 34 puntos. O equipo adestrado por Luis Miguel García é séptimo con 23 puntos. O seu obxectivo continua a ser manterse na zona tépeda da táboa e lograr canto antes os puntos necesarios para asegurar a permanencia.

Ao Narón quédanlle ademais do desta tarde, outros tres partidos antes de rematar a primeira volta. Recibirá en Rio Seco ao Cultural Areas, o dia 17 e ao Ourense o 3 de xaneiro. Visitará ao Verín o 20 de decembro.

Deportes