O naval continuará coas mobilizacións mentras non haxa traballo

O naval continuará coas mobilizacións mentras non haxa traballo

03 de Decembro, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Milleiros de operarios do naval e cidadáns de Ferrol asistiron esta mañá á asemblea aberta realizada na Praza de Armas de Ferrol, diante do Concello. A ella sumóuse o medio cento de traballadores que mantiveron un peche desde o domingo para esixir solucións para o sector e para a comarca. A asemblea tivo lugar apenas horas despois de que o último buque, un LHD para armada australiana, abandonase os estaleiros e sitúe a 600 traballadores das auxil

Na asemblea, representantes dos sindicatos explicaron e debullaron os aspectos que Navantia adiantou na xuntanza de inter-centros sobre o seu plan de reestruturación. Se ben a dirección afirma que non vai haber despedimentos, non hai nin un só compromiso de traer traballo para Ferrol e Fene. E iso implica de entrada, a fin das industrias auxiliares. Para os sindicalistas este plan é unha mostra da “incompetencia” e “inoperancia” da dirección da compañía. Mais tamén denunciaron que os gobernos da Xunta e de Madrid son cómplices. Manuel Grandal, da CIG, lembrou as promesas públicas reiteradas unha e outra vez polo PP do dique flotante ou as promesas do flotel de Pemex. Palabras das que non fica nada. O voceiro do comité de empresa, Ignacio Naveiras anunciou que as mobilizacións e protestas van seguir “ata que teñamos carga de traballo”. Por iso, “non imos cesar de lle exixir o PP, que é quen goberna, que faga algo”. Grandal reiterou que en Ferrol “sabemos facer barcos” e afirmou que o único que está a pedir esta comarca é que se lles deixe construír buques e acceder á construción civil. Nas diferentes intervencións ficou claro que a defensa do naval é a defensa do presente e futuro para a comarca de Ferrolterra, devastada por un nivel de desemprego por riba do 30% e coa xente nova a emigrar ante a falla de perspectivas.

En relación cos gaseiros, o presidente de Navantia insistíu en que tanto a empresa como o Goberno están realizando grandes esforzos para revertir a situación e que non se fagan nos estaleiros asiáticos e asegura que o flotel farase cando diga o cliente. Revuelta anuncióu que se porá en marcha un programa de aforro pero non explicóu como. Os representantes laborais demandaron a retirada do documento mentras non haxa carga de traballo, pero de momento está  previsto se trate mañá no Consello de Administración.

Sociedade