O Naval dá a volta á ría de Ferrol

O Naval dá a volta á ría de Ferrol

04 de Xullo, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Os planteis ao completo de Navantia Fene e Ferrol camiñan a esta hora por terras de Neda para completar a volta á ría en dirección a Narón e de novo Ferrol de onde sairon os traballadores de Navantia ás 11,30 da mañá. Unha hora despois recollían nas Pias aos operarios do estaleiro  de Fene e xuntos continuan a esta hora por terras de Neda despois de facer unha parada de refresco no cruce de Fene. O tráfico estivo parado  n

Navantia movilizase en demanda de carga de traballo. Os traballadores do estaleiro de Ferrol sairon en manifestación ás once e media da mañá. En Fene, esperában os operarios do outro estaleiro  para continuar unha marcha a pé que está dando a volta á ria. Pasaron por Neda e arredor das duas e media da tarde tiñan previsto realizar unha parada diante da antiga Casa do Concello de Narón.

Os empregados-as diríxense cara Ferrol onde teñen previsto chegar a media tarde. A marcha do naval está a provocar retencións de tráfico ao seu paso pola comarca. A calor estase convertindo na maior enemiga do naval no dia de hoxe pero, iso non é nada comparado coa "deixadez" das instancias políticas que ven como os estaleiros se baleiran de traballo e non aportan nada novo.

O presidente do comité de empresa de Navantia Fene, Jorge Prieto, volveu decepcionado do encontro co conselleiro de Industria, Francisco Conde. Nen dique flotante, nen flotel, nen levantamento do veto, nen fragata F 110. "E a situación pode ir a pior" segundo palabras de Jorge Prieto. A mediados deste mes a maioría dos operarios dos estaleiros saen de vacacións pero, segundo Prieto, permanecerán alerta por se houbera novidades. "Por experiencia sabemos, afirmou Prieto,que sempre saen noticias malas en periodos vacacionais"

Sociedade