O naval de Ferrolterra sentou na Ponte das Pías

O naval de Ferrolterra sentou na Ponte das Pías

26 de Xuño, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Os traballadores dos estaleiros tamén se movilizaron esta mañá en demanda de carga de traballo. De Navantia Fene e Ferrol saíron os empregados ás dez e media da mañá en dirección á ponte das Pias. No medio da ponte realizaron unha sentada e unha asemblea para analisar, entroutros asuntos,  o anuncio realizado polo presidente da Xunta Alberto Núñez Feijoo, da posibilidade de construir en Navantia dous quimiqueiros para M&e

O plantel insiste na demanda do dique flotante como medida de ocupación inmediata. Porque despois da botadura do 4 de xullo non quedará nada en grada. Precisamente o 4 de xullo, nese acto da botadura, diante das autoridades, produciráse a seguinte protesta dos traballadores do naval. Grazas aos cinco bloques dos destructores e á cama do Camberra, haberá traballo para 2 ou 3 meses máis e non para todolos departamentos. Despois "0" 

Sociedade