O Naval e os mariscadores, dous conflictos da man

O Naval e os mariscadores, dous conflictos da man

24 de Abril, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Toda a plantilla da antiga Bazán botouse á rua para arroupar aos traballadores das auxiliares do Naval que se movilizaron  esta mañá contra os despidos, que se cobraron xa 900 parados nos ultimos meses nos estaleiros de Fene e Ferrol. Entre os dous concellos discurríu a marcha a pé que saíu ás 11.15  despois de celebrar en Navantia Ferrol unha asamblea. Unha hora despois remataron a andaina diante da casa do concello de Fene, onde visit

A patrona maior, Virxinia Souto, encabezou a cacerolada que as mariscadoras protagonizaron nas instalacións do concello e na rua. Souto explicou a radio Fene que teñen que recurrir a este tipo de accións para decir que siguen aí. A dia de hoxe, as ultimas novas recibidas dín que non cobrarán os atrasos ata finais da semana que ven, entere o xoves e venres. Hoxe mesmo o biólogo da confraría fenesa, Joam Luís Ferreiro, rematou a redacción do Proxecto pendente de entrergar na Consellería de Medioambiente, para ver de completar con traballo os dous dias da semana nos que  os de a flote non poden mariscar.
No mesmo proxecto inclúese unha proposta para as mariscadoras de a pé para cubrir os tres meses de novembro, decembro e xaneiro que teñen prohibido mariscar . En total o presuposto costaría a Medioambiente uns 385.000€ no ano.

O Naval.

A plantilla da antiga Bazán botouse á rua para arroupar aos traballadores das auxiliares do Naval que se movilizaron  esta mañá contra os despidos, que se cobraron xa 900 parados nos ultimos meses nos estaleiros de Fene e Ferrol. Entre os dous concellos discurríu a marcha a pé que saíu ás 11.15  despois de celebrar en Navantia Ferrol unha asamblea. Unha hora despois remataron a andaina diante da casa do concello de Fene.  

Unha representación de todolos grupos politicos municipais camiñou con eles ou recibiunos ás portas do concello. O voceiro do grupo socialista, Iván Puentes, declaraba a radio Fene que nunca o sector naval viviu unha situación tan complicada dende a reconversión dos 80, e denunciou que o PP incumple, referíndose á construcción do dique flotante, o que prometeu cando tomou o relevo no goberno central ao partido socialista. O alcalde de Fene, Gumersindo Galego, recibiu aos traballadores do naval, coa lóxica preocupación pola situación e retando a Madrid para que os estaleiros da ría de Ferrol "non paguen o pato" unha vez maís, despois de tanta reconversión.

O secretario do comité de empresa de navantia Ferrol, Ignacio Naveiras, declarou referíndose aos traballadores das auxiliares que os venres , a partir dagora, "non van ser ducias senón centos os que quedarán sen emprego". Anunciou que todolos traballadores dos estaleiros acudirán aos plenos do proximo xoves onde se vai aprobar un Manifesto conxunto de defensa dos estaleiros de Fene-Ferrol e que ese mesmo día manterán encerros nas duas factorias. Naveiras adiantóu que se non os reciben na Sepi, tal e como teñen solicitado, terán que marchar sobre Madrid e, se fai falta, sobre Bruxelas.

Antes de retornar a Ferrol, os traballadores do naval amosaron o seu apoio aos mariscadores pechados na casa do concello de Fene.

Sociedade