O noso corpo, o noso territorio

O noso corpo, o noso territorio

25 de Novembro, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O lema "O noso corpo, o noso territorio. Libre de agresións, libre de imposicións" servirá para denunciar o  rexeitamento da violencia machista, nesta xornada do 25 de novembro. Institucións e organizacións feministas conmemoran o dia para petar na conciencia da cidadanía.

O Concello de Neda  conmemora esta mañá o Día contra a Violencia de Xénero cunha “Marcha Polo bo trato” . Todolos centros escolares participan activamente xunto á Asociaciónd e Amas de Casa. Partirá do Albergue ás 11,30 horas e rematará na praza do Concello ás 12. Alí leerase un Manifesto de repulsa.

Con motivo deste día 25 de novembro o concello de Ferrol repartirá 2.500 galletas entre a poboación. As galletas terán un lema: Eu son doce. Non son violento” . Dous expositores de reparto ubicaránse na Praza de Armas e Praza de Amboaxe xa pola mañá.  

A CIG convoca ás 12 unha concentración diante do edificio administrativo da Xunta baixo o lema: “Atentar contra a nosa saúde tamén é violencia de xénero”.

A Praza da Gándara de Narón será o lugar da homenaxe no Monumento á Muller onde se lerá un manifesto contra as 7,30 da tarde.

O concello de Fene celebrou onte na Praza da escola de Perlío, coincidindo co feirón, os actos contra a Violencia de xénero. Dari Rios e o grupo A Guagua dramatizaron ás 12 da mañá unha versión diferente do conto “La bella y la bestia”, ante os ollos de centos de persoas, entre elas moitos nenos e nenas, que rodearon a praza para aplaudir as fechorías dunha muller que vencía ao home violento. $% velas accedéronse na praza de Perlío para lembrar ás mulleres asasinadas no que vai de ano. Cunha solta de globos pecharonse os actos que coordenaron as traballadoras dos Servizos Sociais municipais.

Sociedade