O obxectivo de Xosé Abad achéganos á evolución da muller galega no traballo

O obxectivo de Xosé Abad achéganos á evolución da muller galega no traballo

15 de Setembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Xa se pode visitar nos baixos da Biblioteca Municipal do Alto do Castiñeiro, en Narón, unha mostra  obre a evolución das mulleres galegas no ámbito laboral, de Xosé Abad. A exposición está patrocinada pola Deputación de A Coruña. Pódese visitar ata o vindeiro 9 de outubro, en horario de 10 a 13 horas (de luns a sábado) e de 17 a 20 horas (de luns a venres). 

Conforman a exposición un total de 24 fotografías orixinais a cor e un audiovisual, que reflexan o traballo de nais e fillas e as diferencias xeracionais que existen entre elas, no referido ó ámbito laboral. A concelleira de Igualdade, Mª del Carmen Espada, fixo un chamamento público a tódolos habitantes de Narón para que “se acheguen ata a Biblioteca, a observar, disfrutar e reflexionar sobre a vida destas persoas”. A presentación da exposición sobre a evolución das mulleres galegas no ámbito laboral contou esta mañá coa participación do autor das fotografías e a autora do audiovisual que conforman a mostra, Xosé Abad e Sandra G. Rey. 

Sociedade