O Pérez Parallé contará con dotación económica

O Pérez Parallé contará con dotación económica

20 de Maio, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O Premio de Poesía Pérez Parallé contará neste ano 2012 cunha dotación ecónomica. A persoa gañadora recibirá unha gratificación de 500 euros e unha escultura obra de Francisco Pérez Porto. A colección de poesía Espiral Maior editará 600 exemplares do libro. Convoca o galardón o Círculo Mercantil e Industrial Unidade de Fene para a promoción de poetas que non teñan publicado ningún

O Pérez Parallé incorpora nesta edición unha dotación económica. O premio convócase co obxectivo de colaborar na promoción de novas voces, polo que é requisito para participar non ter publicado ningún libro individual de poesía. Os autores e autoras participantes presentarán un libro de poesía en lingua galega. Recoméndase unha extensión mínima de 300 versos. O prazo de presentación de orixinais remata o sábado 29 de setembro de 2012. A entrega do premio terá lugar o sábado 17 de novembro.

Cultura