O pai do “shock rock” actúa por primeira vez en Galicia

O pai do “shock rock” actúa por primeira vez en Galicia

27 de Novembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

O mítico cantante norteamericano Alice Cooper actuará esta noite no Multiusos Fontes do Sar de Santiago, da man do ciclo Xacobeo Importa. O pai do “shock rock”, en activo desde 1964 e cunha traxectoria difícil de igualar, estrease en Galicia coa súa propia xira e as súas famosas montaxes. O grupo Atlas será o encargado d abrir unha noite de música hard rock coa súa  actuación ás 22.00 horas.

Alice Cooper ten sido unha das bandas pioneiras en derivar o son “hard rock” dos anos 70 no “glam rock” máis auténtico. A súa orixinal posta en escena, a súa imaxe con maquillaxes de aspecto sinistro, e un espectacular sentido teatral do que beberon artistas como Kiss, Rob Zombie ou Marilyn Manson, son os seus signos de identidade. Esta última xira coa que chega a Galicia, repasará os principais éxitos da súa lonxeva carreira.

O de Alice Cooper será o penúltimo concerto do ciclo Xacobeo Importa, que pechará este ano coa actuación de Teenage Fanclub o vindeiro 3 de decembro na Sala Capitol de Santiago. O Ciclo Importa é una iniciativa do Xacobeo 2010 que engloba na súa programación a artistas do circuíto independente que nunca visitaron Galicia, ou que pola súa traxectoria, estilo ou relevancia, deben presentados en actuacións únicas e formatos especiais.

Sociedade