O pai Sarmiento en Xubia

O pai Sarmiento en Xubia
25 de Outubro, 2019 - 11:00 h. | Publicada por Radio Fene

O pai Sarmiento (1695-1772) percorreu en varias ocasións Ferrol e toda a súa comarca. Mantivo unha estreita amizade con Felipe Colmenero, prior do mosteiro de Xubia.

O magnolio de Xuvia conta con máis de douscentos anos

O Padre Sarmiento pedíalle ao prior de Xubia que lle remitise plantas singulares e descoñecidas que houbese na zona. Solicitaba  que lle mandase dúas ou tres follas e a flor, coa indicación do dia no que foran collidas, o lugar no que se atoparan e o nome galego que tiveran. En recompensa, indicáballe o nome facultativo co que a ciencia designaba os vexetais galegos. Sarmiento visita a ría en barco visita San Nicolás de Neda e a que él denomina como ermida do Santo Cristo de Sillobre.

Cultura

Publica o teu comentario agora