O pantalán da Gándara adoece dos servizos necesarios, denuncia o BNG de Narón

O pantalán da Gándara adoece dos servizos necesarios, denuncia o BNG de Narón

17 de Setembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Zona para aparcadoiros, servizos de auga, alumeado e electricidade, unha rampa a cado lado do pantalán consitúen algunhas carencias detectadas no embarcadoiro da Gándara polo BNG de Narón. O grupo nacionalista naronés vén  solicitando, desde hai tempo, que se solventen estas deficiencias . Unha demanda á que se unen os usuarios do muelle pois estas “lágoas” están a prexudicar o seu labor diario. Recolleron 200 sinaturas para

O voceiro do BNG de Narón, Pablo Villamar, acompañado de usuarios do pantalán da Gándara, inspeccionaron “in situ” as obras acometidas por Portos de Galicia. Unhas actuacións escasas e deficientes segundo o nacionalista. Esta infraestructura era unha demanda que viña solicitando o BNG de Narón pero o resultado non convence nin á formación nin ás persoas que traballan no lugar.

Villamar destacou a falta de dotación de servizos como auga, electricidade ou alumeado. A explanada da entrada ao embarcadoiro estaba destinada a aparcadoiro, unha obra pendente. Para máis inri, se está a converter nun verquedoiro, indicou. Ademais prometeuse a instalación de dúas rampas a cada lado do pantalán e só existe unha, un feito que dificulta aos pescadores o embarque cando hai temporal. Precísase tamén de pasos para que percorra auga na parte firme do muelle, sobre todo, coas correntes de auga que arrastran moito lodo. “Colocouse simplemente un tubo de 40 metros de diámetro para cumprir co expediente” apuntou Villamar.

Un dos ususarios, Ramón Graña, facíase eco das palabras do nacionalista. “Necesitamos unha rampa, servizos, unha billa e un enchufe para poder traballar desde os barcos. Senón temos que subilos para arriba”, laiábase. Outras usuaria apuntaba que “as ratas nos dan todos os días a benvida polo estado do terreo para aparcadoiro e polo fango que se acumula debaixo do muelle ao non poder saír a auga correctamente”.

A infraestructura contou cun orzamento de perto de 130 mil euros. En resposta ás denuncias presentadas, Portos de Galicia e o goberno de Narón “pásanse a pelota” entre uns e outros. Con esta pequena actuación queren dar por zanxado o tema pero cómpre unha mellora das mesmas, reseñou Villamar.

Sociedade