ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O papel das caixas de aforro debe ser crucial para o desenvolvemento de Galicia, afirmaba Lois Peña Novo, o principal estudoso da estructura económica da comunidade no primeiro terzo do século XX, segundo indica o seu biógrafo Manuel Roca Cendán. As caixas teñen que actuar como locomotoras investindo en sectores productivos cruciais, segundo dicía o nacionalista de Vilalba hai xa case 100 anos.
Peña Novo e Alexandre Bóveda elaboran o pensamento económico do primeiro nacionalismo galego. Formulan propostas facendísticas de rabiosa actualidade. Defenden a autosuficiencia do réxime fiscal, indicando que a recadación dos impostos directos debía permanecer en Galicia, indo os indirectos para a caixa do estado. Segundo Manuel Roca, este tipo de teorías contan con vixencia, o que corrobora a certeza do pensamento de Lois Peña, representante da Irmandade da Fala da Coruña, a máis potente de Galicia, e que se convertirá en 1920 no primeiro concelleiro do nacionalismo. Lois Peña Novo xa fora en novembro de 1918 un dos principais redactores do Manifesto da Asamblea Nacionalista de Lugo, onde o galeguismo pasa a denominarse nacionalismo.