O Parlamento galego co Dia dos Medios en galego

O Parlamento galego co Dia dos Medios en galego
07 de Febreiro, 2018 - 12:00 h. | Publicada por

O presidente do Parlamento de Galicia Miguel Santalices dará lectura á unha e cuarto deste mediodia a unha declaración institucional arredor do Dia dos Medios en Galego. Conmemorase hoxe -co lema Máis que palabras- a saida á rúa de O Tio Marcos da Portela, primeiro periódico en galego. Publicouse o 7 de febreiro de 1876. A xornada tamén sirve para visibilizar os medios de comunicación que utilizan a lingua galega

“O tío Marcos da Portela” foi o primeiro xornal escrito integramente en galego. Valentín Lamas Carvajal publicou o primeiro número, o 7 de febreiro de 1876. O subtítulo do xornal dío todo “Parrafeos co pobo galego”. Porque esa é a orixe do seu éxito, a conexión coa xente e os seus problemas. A linguaxe empregada non podía ser máis directa, apelando ao lector coa frase: “Aquí me tedes…” segundo o historiador, Afonso Vázquez Monxardín.

As protestas polos trabucos é un dos temas recurrentes, xa que os galegos soportaban unha carga impositiva enorme. O catecismo do labrego publicouse por entregas no xornal. A utilización do humor, ese rexistro popular de socarronería é outro mérito do xornal porque empataba moi ben co público. Afirma o historiador Afonso Vázquez Monxardín que o único que se escribe en galego nos xornais actuais son os chistes.

Afirma o historiador ourensán que Lamas Carvajal foi o cuarto pe do Rexurdimento, a ligazón entre Rosalía e as Irmandades da Fala. Pon un exemplo da súa popularidade, mentres a poesía culta de Pondal vendía 300 exemplares, Lamas vendía 4.000 multiplicado por 430 exemplares que chegaron a editarse. En Ourense queríaselle tanto que ao seu enterro acudiron 10.000 persoas, conclúe Vázquez Monxardín, cando O tío Marcos da Portela cumpre 142 anos.  

Sociedade