O paro medra e aumenta tamén o número de contratos

O paro medra e aumenta tamén o número de contratos
04 de Febreiro, 2019 - 01:27 h. | Publicada por Radio Fene

O paro medrou en Fene en xaneiro. Segundo os dados publicados esta mañá pola Xunta de Galicia, no remate de xaneiro había 847 persoas demandantes de emprego fronte ás 807 de decembro. No conxunto da comarca atopanse nesa situación 10.947 persoas fronte ás 10.473 do mes anterior. En Ferrol rexistranse como demandantes de emprego 5.219 persoas, 2.735 en Narón e 375 en Mugardos.

Obras na avenida das Pías. Fene

A Confederación Intersindical Galega (CIG) indica que, no conxunto de Galicia, o mes de xaneiro rematou con 174.800 persoas inscritas nas oficinas do SEPE, o que supón 5505 desempregados/as máis (+3.25%). Non obstante, a pesar desta caída do emprego, o número de contratos rexistrados o pasado mes alcanzou os 82.401, unha cifra superior á rexistrada durante o mes de xaneiro de anos anteriores. Isto demostra a forte rotación e a escasa duración dos contratos e que a precarización do mercado laboral se está agravando, xa que aínda que medra o desemprego e polo tanto hai menos persoas no mercado de traballo, o número de contratos continúa coa súa tendencia ascendente. Segundo denuncia a UXT, hai en Galicia máis de 80.000 persoas en paro sen cobertura. Para Comisións Obreiras, coas políticas actuais, a nosa comunidade acabará convertida nun deserto empresarial e nun xeriátrico.

Sociedade

Publica o teu comentario agora