O Parrulo remata 3º a Liga da Primeira A de fútbol sala

O Parrulo remata 3º a Liga da Primeira A de fútbol sala

31 de Maio, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

O Parrulo finalizou a Liga na terceira posición da Primeira Nacional A do fútbol sala , por detrás do Avilés Oquendo e do Gijón El Llano. As dúas primeiras prazas dan opción ao ascenso directo á División de Prata. O Parrulo conserva con todo moitas posibilidades de lograr o ascenso de categoría, se se producen algunhas renuncias ou a Liga Nacional de Fútbol Sala confirma a remodelación da Prata coa formación de 3 grup

O equipo de Mario Cabo conta con moitas opcións deportivas, ainda que as posibilidades económicas son poucas. Un equipo medio da categoría sae cun presuposto que ronda os 150.000 euros, unha cifra que semella dificil de alcanzar para o club ferrolán.

O broche de ouro da tempada puxoo onte O Parrulo vencendo na casa do Carballiño por un tanteo de 4 a 8. O depredador Pana con 5 goles foi o culpable da victoria ferrolana. A súa superioridade sobre a pista traduciuse no 0 a 5 que lucía no descanso no marcador ou no 2-7 do minuto 33. Os ourensáns puxeron ao remate o porteiro xogador e lograron disimular o escandaloso resultado.
 

Sociedade