O Partido Popular acada a maioría para gobernar en Burela

O Partido Popular acada a maioría para gobernar en Burela

23 de Maio, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Burela

O goberno bipartito de PsdeG-PSOE e BNG non conseguiron votos suficientes para renovar o seu mandato. O bastón de mando de Burela está agora nas mans de José María González Barcia, candidato do Partido Popular e que xa fora alcalde fai catro anos.

As eleccións municipais cambiaron o panorama de concelleiros no consistorio de Burela. O PP consegui 2.277 votos, un 47,79% e 7 concelleiros, co que obtén a maioría necesaria para gobernar. Pola súa banda, o actual alcalde, Alfredo Llano, candidato do PsdeG-PSOE mantén os 5 concelleiros cos que contaba gracias ós 1.691 votos que obtivo, un 35,49%. Pola contra, o BNG, resultou o máis perxudicado nos últimos comicios e perdeu un dos edís que tiña. A candidata Neves Cando, será a única representante nacionalista do concello grazas ós 642 votos que colleitou, un 13,47%.

Cabe salientar a baixa participación de votantes en Burela. En comparación con outros concellos da comarca de A Mariña, xa que moitos deles acadaron niveis de mais do oitenta por cento, en Burela só acudiu ás urnas un 68,36% das persoas censadas. É chamativo tamén o elevado número de votos en branco, 155 e de votos nulos, 148.

González Barcia nas súas primeiras declaracións a Radio Burela, suliñou que a súa fórmula foi “o traballo, traballo e máis traballo” e que dende hoxe mesmo se van poñer mans á obra para continuar a traballar por Burela. Pola súa banda o candidato socialista, Alfredo Llano, quixo destacar o traballo feito na última lexislatura e o apoio dos cidadáns de Burela e comentou que seguirán a traballar dende a oposición. E a naciolista Neves Cando admitiu que non era un bo resultado e que non era o esperado, pero que iso non ía arredar ó BNG en continuar a buscar o mellor para o concello, dende a oposición.

http://resultados2011.mir.es/99MU/DMU1127990299_L1.htm?d=0&e=0 

Sociedade