O patrimonio industral, a cultura do traballo

O patrimonio industral, a cultura do traballo

13 de Xuño, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Juan José Burgoa presenta o domingo o libro “Ferrol  y su comarca. El Patrimonio Industrial”. Será no marco da feira do Libro.
Con el falamos esta mañá do patrimonio industrial de Ferrol e comarca e da súa reutilidade. "O arsenal é fundamental pero hai moitos valores a ter en conta na comarca" segundo o estudoso que confesou sentír mágoa ao ver como caeron as fábricas de Fenia, Hispania, a PYSBE e a Peninsular

Burgoa presenta o libro o domingo ás 8 da tarde na Feira do Libro o alcalde de Ferrol José Manuel Rey Varela, o historiador Guillermo Llorca e o profesor universitario e presidente da Asociación Galega de Patrimonio Industrial, Manuel Lara. Tamén  na Feira do Libro de Ferrol, Os autores do libro “Perlío no pasado” asinan exemplares do volume o domingo entre as doce da mañá e a unha do mediodia. En torno á historia de Perlío emite esta fin de semana unha reportaxe a Televisión de Galicia. Será no programa “A revista do fin de semana”.

 Programa hoxe

Caen os paxaros coa calor que vai na Praza da Constitución no Cantón de Molíns onde se ubicou a Feira do Libro. Hoxe caerán de tanto bailar con Paco Nogueira que presenta ás 19h o libro-cd-dvd “Brinca Vai! De Kalandraka.  “Brinca Vai!” reúne doce cancións en galego dirixidas ao público infantil e familiar. No concerto en directo, con entrada de balde, Paco Nogueiras interpretará unha escolma deses temas.
Ás oito Laura Aneiros presenta a súa primeira novela “Mi vida en tus manos”. Profesores e alumnos do Conservatorio Xan Viaño tocarán tamén no recinto feiral a media tarde.

Sociedade