O patrimonio monumental de Ferrolterra recupera o seu explendor

O patrimonio monumental de Ferrolterra recupera o seu explendor

16 de Decembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O grupo de bens patrimoniais conformado polo Castelo de Narahío a Torre de Andrade, o Castelo de Nogueirosa e o Mosteiro de Monfero serán obxeto de intervencións de posta en valor, por parte da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural, que permitan acadar unha coordinación nas accións turísticas e de información. Unha das prioridades será a realización de referencias nformativas ou centros de interpretación en cada un destes elemento

O director xeral do Patrimonio Cultural, José Manuel Rey Pichel, e o delegado territorial da Xunta de Galicia en A Coruña, Diego Calvo, visitaron hoxe a comarca do Eume para comprobar o estado dos castelos, torres e mosteiros que forman parte do seu patrimonio histórico. En concreto, analizaron as posibles intervencións a facer. No seu percorrido tamén estiveron presentes o xefe territorial de Cultura, Manolo Varela, os alcaldes de San Sadurniño e Pontedeume, Secundino García e Gabriel Torrente, o presidente da Asociación Euroeume, José Castro, e técnicos da Dirección Xeral de Patrimonio. 

Esta xornada de traballo ten a súa orixe nunha reunión mantida hai tres semanas cos representantes da Asociación Euroeume. Nela a entidade presentoulle a Rey Pichel o proxecto “Espazo Temático Patrimonial de Castelos e Mosteiros Eume-Xuvia”, unha iniciativa na que, ademais dos catro bens visitados hoxe, estarían incluídos o Castelo de Moeche e o Mosteiro de Caaveiro, este último propiedade da Deputación Provincial da Coruña. Neste sentido, a Consellería de Cultura e Turismo ten previsto a relación dun estudo detallado da conservación dos bens, as ofertas culturais que ofrecen e a análise dos recursos comúns.

Neste conxunto de bens patrimoniais da comarca de estánse a levar a cabo xa obras de limpeza, restauración en moitos deles. Así recentemente iniciouse a segunda fase de limpeza, toma de datos e consolidación do Castelo de Narahío, en San Sadurniño, cun presuposto de 265.000 euros distribuídos en roza de vexetación e retirada, consolidación e reposición dos muros. No Mosteiro de Monfero estanse a realizar obras de consolidación, restauración e limpeza do inmoble para facilitar a súa visita. 
Doutra banda, a Torre de Andrade en Pontedeume goza dun estado de conservación moi bo. Xa se atopa musealizado con diversas pezas expostas para o público que agora require unha modernización. A Torre da Nogueirosa, ao igual que a Torre de Andrade, está xestionada polo concello de Pontedeume. No ano 2002 a Dirección Xeral do Patrimonio Cultural inverteu tanto no Castelo como na Torre un total de 120.000 euros para a creación de accesos nas escaleiras e a construción dunha plataforma-miradoiro. 

O Castelo de Moeche, fortaleza protagonista das Revoltas Irmandiñas, foi visitado polo conselleiro Roberto Varela o pasado mes de setembro quen o cualificou como un bo exemplo desta liña de actuación da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural. Coa posta en valor destes bens patrimoniais preténdese achegar á cidadanía unha parte esencial da nosa historia e a potenciación da zona como atractivo turístico. Aínda non se descarta a  incorporación de outros elementos da comarca sempre que existan recursos similares entre eles.

Cultura