O pavillón municipal de Vilalba acolle un adestramento de competición de Tae Kwon Do da Federación Galega

O pavillón municipal de Vilalba acolle un adestramento de competición de Tae Kwon Do da Federación Galega

23 de Febreiro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

Vilalba foi o centro do Tae Kwon Do lugués, xa que a capital chairega acolleu o primeiro adestramento provincial de iniciación á competición da Federación Galega desta disciplina deportiva. O evento estivo organizada polo club Jansu da vila coa  colaboración do Concello.

Así, cerca dun centenar  de rapaces e rapazas de todo Lugo xuntáronse no pavillón de deportes para descubrir como é a competición do Tae Kwon Do. Os deportistas contaron como adestrador co técnico da Federación Salvador Fontán, quen apuntou ao finalizar o adestramento que “na provincia de Lugo estase a facer unha boa labor e que nun futuro de seguir esta progresión poderíase contar con bos competidores neste deporte”.

Deportes