O Pazo de Barallobre rexurde das súas cinzas

O Pazo de Barallobre rexurde das súas cinzas

22 de Outubro, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O Pazo de Barallobre érguese das súas cinzas. Unha vez máis os obxectos, ata o máis sinxero, devólvenos á memoria tempos pasados. A historia do pazo de Barallobre, construído no ano 1591 por Fernando de Lago e Obaña, e destruído en 1978, rescátase, na exposición que Radio Fene, a Liga de Amigos de barallobre e o Concello de Fene inauguran esta tarde ás 20:00h

Unha campá, un banco, un chinero ou unha cunca transpórtannos no tempo. A xente maior da parroquia gardou moitos recordos do pazo. Segundo nos contaba hai tempo o veciño Fernando Gómez, no Pazo de Barallobre fíxose unha subasta nunha ocasión e o seu pai adequeríu un reloxo de parede. Lembranzas sobre o pazo ás que sumamos no noso arquivo sonoro a de Manuel Porto.

No acto de inauguración, esta tarde, tomarán a palabra Henrique Sanfiz en nome de Radio Fene, o presidente da Liga de Amigos, Manuel Vidal,  e o alcalde de Fene, Gumersindo Galego. Daniel Pérez Soto aportará a música co seu contrabaixo no acto da apertura. A exposición está lista e agardando polos visitantes na Liga de Amigos, dende hoxe ata o día 13 de novembro.

Sociedade