O pazo de Meirás por dentro

O pazo de Meirás por dentro

05 de Agosto, 2017 - 12:00 h. | Publicada por Radio Sada

A curiosidade e a espectación podía lerse nos ollos dos primeiros visitantes do Pazo de Meirás o venres 25 de marzo de 2011. Unhas 60 persoas civís e un nutrido grupo de xornalistas puxeron os seus pés na residencia de verán da familia Franco ata daquela infranqueable. “As Torres de Meirás” . Así era como gostaba chamarlle Dona Emilia Pardo Bazán, anterior propietaria do pazo. E non ía descami&ntil

A reconstrucción da Pardo Bazán

O guía conta a historia do pazo dende que quedou destruído no século XIX nas liortas cos franceses e Emilia Pardo Bazán reconstrúeo para solaz da sua familia. Toda a explicación do exterior discurre coa Pardo Bazán como protagonista. Que si o inaugura no 1910 coa boda da sua filla; que si na arquivolta da porta da capela seméllase á da Coruña onde a escritora bautizou ás suas tres fillas; que si na torre da Quimera hai un balcón coa inscripción do título de tres das suas obras literarias, ou uns relevos que representan a Dante contra Homero, figuras que tanto a inspiraron. En fín que chegados a este punto un dos visitantes preguntou ¿cando falamos de Franco?

Bambis disecados e libros de batallas.

E a Francisco Franco chegamos xusto cando poñemos un pé no vestíbulo da entrada principal porque, aló enriba da escalinata sobre unha ménsula está él, o Caudillo, en forma de busto de bronce de enormes dimensións. Él e o desagradable cheiro a humidade, a pechado e a pasado que inunda a estancia. Á dereita da escaleira está o que verdadeiramente máis chama a atención do respetable, unha parede enteira ateigada de pequenas cabezas de cervatiños disecadas, disque cazadas polos netos do dictador. Non se dan contado de tantas como hai. Na mesma pranta baixa á esquerda está a biblioteca. Chama á vista un gran cadro presidido polo xeneral cabalgando na batalla de África. Tamén un globo terráqueo de grandes dimensións, digno de quen quixo ser emperador. En letras douradas un lema rodea toda a estancia: “El genio es don divino. Si Dios alumbró tu vida con inteligencia, la lectura te dará el saber”  O guía indica  que todos son libros de Historia, batallas e ciencias naturais. Non hai poesía.

A natureza morta pintada polo dictador

Na pranta baixa non visitamos nen cociñas nen estancias propias do servicio. Directamente imos ao comedor e sala de festas, a estancia máis aparentosa con arañas no teito e espellos de pan de ouro.  No fondo unha cheminea coa cara de Don Quijote en relevo. Aquí hai cadros e retratos da familia e, curiosidade, unha natureza morta pintada polo dictador. Non está mal pero unha sospeita que pode ocurrir o mesmo que cos salmóns.        

Cando subimos ao andar superior dunha das torres, porque á outra prendéronlle lume no ano 1975 trala morte do dictador, xa as cabezas mortas de venados e corzos fánse de máis. Están por todas partes alternando cos retratos de Franco, Carmen Polo e a sua filla Carmencita e os colmillos de elefante. No despacho do dictador aparecen de novo máis cabezas de caza maior e tamén de paxaros inocentes. Un escudo coa águia imperial, dí o guía que é o “escudo da familia”, preside a estancia chea de libros da mesma temática de antes.
    

 Aire puro no xardín

Sair ao exterior libera dese olor e desa estampa doutrora. Os xardíns, de 66.000 metros cadrados de superficie, aportan o aire necesario para contemplar as fontes, duas da época da Pardo Bazán con esceas familiares e duas feitas polos Franco con vírxenes, nenos Xesús e máis escudos. O único dato comprometido politicamente que ousa pronunciar o guía  é que no Pazo de Meirás se celebraron dous Consellos de Ministros presididos polo Caudillo, nos anos 1963 e 1965.
    

Fin da visita 

Cando remata a visita oficial e o guía  se despíde para que poidamos tirar fotos do exterior é cando os visitantes, algúns veciños do lugar, empezan a contar a historia do pazo que ten máis “chicha” pero esa é outra historia que poden consultar coa Asociación da Memoria Histórica,  que foi quen de conquerír que as Torres de Meirás se abran ao público todos os venres de cada mes. Hai xa lista de espera ata o mes de xullo.

Sociedade