O peirao de Barallobre acolle a Feira Marítima de Fene

O peirao de Barallobre acolle a Feira Marítima de Fene

03 de Setembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A Feira Marítima do concello de Fene comezaron xa a primeira hora da tarde coa viaxe en lancha polas rías de Ferrol e Ares. Este paseo en barco inclúe o xantar a base de productos da ría como  a pescada, vieiras e mexillóns. Dende o concello consideran un éxito esta iniciativa, xa que se satisfizo o número mínimo de participantes, arredor de 50.

Pola súa banda, a concelleira de medio ambiente, Amalia García, quixo destacar a actividade en lancha pola ría como un método para concienciar á cidadanía das alternativas ao uso do coche particular. Así pois, o barco preséntase como unha alternativa que ao mesmo tempo nos permite gozar da paisaxe.
Logo deste paseo en lancha, os 26 postos de artesanía e gastronomía que forman parte da festa marítima de Fene quedarán instalados nas proximidades do peirao de Barallobre. Canda estes postos, agárdase outra serie de actividades de dinamización da cita. A feira Marítima de Fene permanecerá aberta o sábado e o domingo en horario de mañá de 11 a 2 e de tarde de 5 a 12 da noite. Para o alcalde de Fene, esta é unha oportunidade única para o concello de Fene, tal como indicou na presentación da mesma. Atraer turismo e exaltar os productos da ría son os obxectivos principais do encontro, segundo Iván Puentes.

Sociedade