O pemento do Couto xa é europeo

O pemento do Couto xa é europeo

20 de Maio, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a Orde da Consellería do Medio Rural pola que se aproba o Regulamento da Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Pemento do Couto, tras ser recoñecido como produto de calidade o pasado 24 de febreiro de 2010 no Diario Oficial da Unión Europea. Deste xeito, o Pemento do Couto acada a súa protección a escala europea despois de ser inscrito no Rexistro Europeo de Denominacións de Orixe e Indicacións Xeogr&aacu

Os pementos protexidos por esta Indicación Xeográfica son os froitos da especie nomeada cientificamente como "Capsicum annuun, L",  recollidos no concello de Narón, cunhas determinadas características en canto a forma e tamaño, e un peso que oscila entre os 4 e os 6 gramos.
 
Este pemento posúe unha textura fina e un sabor doce nada picante, debido á ausencia dunha substancia denominada capsaicina- compoñente activo dos pementos picantes-. A área de produción deste pemento sitúase na comarca de Ferrol, concretamente, nos municipios de Ferrol, Narón, Valdoviño, Cedeira, Moeche, As Somozas, San Sadurniño, Neda, Fene, Mugardos e Ares.

Dacordo co seu regulamento, o control e certificación dos pementos desta denominación de orixe van ser realizados polo Instituto Galego da Calidade Alimentaria, Ingacal. 

Sociedade