O pensamento político de Castelao

O pensamento político de Castelao

07 de Xaneiro, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Neria

Hoxe, 7 de xaneiro cúmprense 52 anos desde a morte de Alfonso Daniel Rodriguez Castelao, no exilio en Bós Aires (Arxentina). O BNG denunciou a fraude e lavado de cara do goberno de Feijóo ao declarar a obra de Castelao Ben de Interese Cultural (BIC) de carácter inmaterial xa que “na práctica deixa sen protección a súa obra, e permite que se poida vender e espoliar”. Así o aseguraron o portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez,

“O mesmo goberno que deixa sen protexer a obra de Castelao é o mesmo que se carga a Consellaría de Cultura”, advertiu Guillerme, quen tamén subliñou que “quen non cre en Galiza nin no seu idioma e cultura, tampouco cre no seu autogoberno e o goberno do PP demóstrao”. E é que para o líder do BNG “preténdese reducir a Castelao a un personaxe sen contido, a non máis alá dun caricaturista e ocultando o seu pensamento político, que segue sendo un gran descoñecido para a maioría da sociedade galega”.

Cultura