O período da ilustración a debate en Ferrol

O período da ilustración a debate en Ferrol

12 de Novembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

As “I Xornadas Luces e Sombras do Proxecto Ilustrado en España. Unha ollada desde Ferrol”, organizadas pola Fundación Carlos Casares en colaboración co Concello de Ferrol e a Universidade da Coruña celebraranse dende o vindeiro martes 17 de novembro ate o venres 20 na Fundación Caixa Galicia de Ferrol. Ademais de ponencias por parte de expertos neste período histórico organizaranse obradoiros e visitas guiadas a diferentes puntos de interese da ci

Contarase como ponentes a José Álvarez Junco, catedrático de Historia dos Movementos Sociais da Universidade Complutense de Madrid e  Premio Nacional de Ensaio en 2002, quen falará sobre “Reformismo ilustrado e proxecto de nación”. A súa será a primeira das ponencias programadas, o día 17 ás 20.00 horas. O 18 de novembro intervirá Javier Fernández Sebastián, catedrático de Historia do Pensamento Político na Universidade do País Vasco e tamén Premio Nacional de Historia, que abordará o tema “Proxecto ilustrado e Ilustración española: conceptos filosófico-políticos e conceptos historiográficos”. Pola súa banda, Xosé Ramón Barreiro Fernández, presidente da Real Academia Galega, impartirá a ponencia que levará por título “A Ilustración en Galicia”.

A xornada do día 19 adicarase á celebración de obradoiros e unha visita guiada á cidade e arredores, con paradas no Museo Naval, Arsenal e Base Naval de Ferrol. Finalmente, para o 20 de novembro está prevista unha mesa redonda que levará por título “Unha ollada desde Ferrol”. A clausura da xornada terá lugar o 20 de novembro ás nove e media da noite coa entrega dos diplomas aos participantes. 

As persoas interesadas en participar nestas xornadas poden facer a súa reserva de praza gratuíta, a través da web www.fundacioncarloscasares.org.

Sociedade