ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O Concello de Cabanas vén de publicar un bando no que lembra a obriga de cumprir coas distancias entre plantacións e vías públicas, tal e como se recolle na normativa da Xunta sobre prevención de incendios, e dá tres meses de prazo á veciñanza para limpar o arborado e maleza ás beiras das pistas municipais.
Tal e como se recolle na lei, os terreos limítrofes con pistas e estradas deben estar libres de arborado nunhas distancias que van, dependendo do tipo de vía e da especie, desde os 2 até os 10 metros do dominio público. Así, os eucaliptos e piñeiros deben afastarse un mínimo de 10 metros das estradas e vías do ferrocarril, e cando menos 4 metros das pistas forestais. Doutra banda, castiñeiros, carballos, cerdeiras, bidueiros e outras frondosas caducifolias, a obriga de separación é de 4 metros con respecto ás estradas e 2 das pistas forestais.
“Os temporais das últimas semanas amosaron os problemas dese incumprimento, cun gran número de incidencias por caídas de árbores sobre pistas e tendidos eléctricos e telefónicos que se poderían ter evitado se se cumprise a lei autonómica en canto a distancias entre fincas e pistas” sinalou a concelleira de servizos, Eva García.
Por iso desde o Concello de Cabanas dáse un prazo de tres meses, até o 31 de marzo, para que as persoas propietarias dos terreos a carón das pistas eliminen pola súa conta todas as árbores que podan poñer en perigo a seguridade. Pasado este prazo voluntario, será o propio Concello quen se ocupe de cortar as árbores que estean dentro do dominio público, e de de ser o caso trasladando o custe dos traballos ás persoas titulares dos mesmos.
Publica o teu comentario agora