ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O Perlío despediuse da Liga con victoria nos Pinares. Gañoulle ao Miño cun contundente 5 a 0. O equipo de Fernando Alvarez marcou rápido os 3 primeiros goles, o que condicionou aos visitantes. O Perlío incluso tivo máis opcións de bater a portería contraria. O resultado foi xusto para o técnico local.
Tamén con victoria fechou o Maniños a competición da Segunda Autonómica. Gañoulle 2 a 0 ao Numancia de Ares no campo do Pote. O Maniños empezou mal a tempada, pero logo recuperou terreo. Para o adestrador Angel Mahía, ao remate fíxose unha boa campaña. Menos sorte tivo no último envite da Liga o Barallobre. Caeu derrotado por 2 a 1 na súa visita ao San Pablo. Todos os equipos comezan esta semana a preparar a Copa da ria que comezará o vindeiro domingo dia 17, con eliminatorias a partido único.