ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O pleno ordinario de fin de mes que se celebrará mañá voltará a discutir o polémico Plan Económico Financieiro 2010-2012 que fora retirado da orde do día da última sesión extraordinaria celebrada a pasada semana ao non contar co apoio suficente para a súa aprobación. Na sesión de mañá debatiránse tamén 11 mocións presentadas polos grupos da oposición.
Unha das mocións a debatir é a que rexistrou o grupo municipal do BNG no día de onte para que o pleno da corporación se pronuncie polo retraso nos plazos de execución e remate do corredor da costa. Os nacionalistas propoñen tamén a reposición do busto de Camilo Díaz Baliño no Cantón de Molíns e o desenrolo da lei de prevención de violencia de xénero.
Pola súa banda o grupo municipal do PP plantexa catro mocións referidas á evaluación dos riscos psicosociais na Policía Local, o sistema de financiamento da Lei de Dependencia, a modificación do proxecto de equipamentos da praia de Doniños e a recuperación da fragata Asturias para a súa conversión nun museo flotante.
Esquerda Unida pide a creación dunha Policía Medioambiental, o fomento da educación igualitaria e o cambio do proxécto previsto para a fraga de Menáncaro. Os representantes de Independentes por Ferrol referiránse á rede asistencial de defensa.
Na orde do día do pleno figura tamén a aprobación da ordenanza urbanística referente á Inspección Técnica de Edificios e outra referida á Limpeza e Reollida de Residuos do Concello de Ferrol