O Plan MOB de Ferrol, o camiño cara un modelo urbano sostible e habitable

O Plan MOB de Ferrol, o camiño cara un modelo urbano sostible e habitable

16 de Setembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O Plan de Mobilidade do Concello de Ferrol marca un modelo de cidade que busca mellorar a calidade urbana e a calidade de vida dos ferroláns e as ferrolás, á vez que mellora a funcionalidade e a organización dos espazos. As liñas mestras que o documento marca para os próximos anos pretenden  recuperar o espazo público para o cidadán, o fomento do transporte público e os desprazamentos en bicicleta e mellorar a accesibilidade.

Coas propostas do Plan MOB, o 63% do espazo público viario se destina ao peón. Con este plan, a accesibilidade no espazo público para as persoas con mobilidade reducida tamén se incrementa. Coa nova rede bicicarrís que se proxecta , a bicicleta se convirte no medio de transporte máis rápido para os desprazamentos urbanos.

Co proxecto de ampliación do servizo de préstamo de bicicletas conseguiríase reducir ao 2% a poboación que queda fóra dos radios de influencia das novas estacións, posibilitando que practicamente toda a cidadanía de Ferrol poida optar por este modo de transporte, desprazándose en menos de 5 minutos dende calquera punto do núcleo urbano.

A este proxecto hai que engadir a semana europea da mobilidade á que se suma  o Concello de Ferrol. Doutra banda, o Plan MOB define unhas novas células urbanas, as denominadas supermazás, que se configuran como un espazo multifuncional onde se limita o tráfico de paso e se manteñen o resto de funcións urbanas: os residentes, a carga e descarga, a peonalización ou  as emerxencias. O proxecto convertiráse na ferramenta que permita que Ferrol  avance cara un modelo urbano sostible e habitable.

Sociedade