O planeta está na UCI

O planeta está na UCI
09 de Xuño, 2020 - 10:38 h. | Publicada por Radio Fene

O 8 de xuño conmemoramos o Dia Mundial dos Océanos, con luvas e máscaras flotando na auga.

ESCOITA O PODCAST:

“Que a nosa clase dirixente procure un novo modelo de sistema porque o planeta está na UCI” Con estas palabras define o secretario comarcal de ADEGA Ferrolterra, Miguel Anxo González, a situación medioambiental na que habitamos, coincidindo co Día Mundial dos Océanos que conmemoramos o 8 de xuño. Apórtanos esta dramática cifra, o 70% da superficie dos océanos está gravemente alterada. Unha análise realizada hai uns anos aos mares de Galicia, descubriuse grande cantidade de hidrocarburos, entre outras sustancias, as rías están desbordadas de materia orgánica e, nos ríos, estudos da USC falan de altas doses de ibuprofeno.

Agardaríamos que o Covid19 deixase entre nós unha maior conciencia medioambiental pero todo parece indicar que non é así. Aos océanos agora sumáronse as mascarillas e as luvas, material non biodegradable. Insiste Miguel Anxo González en que “a nosa clase dirixente é quen debe tomar decisión”. E pon o exemplo do transporte público que mellorou algo pero ofrece un servizo nefasto. “A primeira protección dos océanos e en xeral do plante é cambiar o noso chip de usar e tirar”. Engade González “que haxa plástico nos mares fala do nefasto sistema de reciclaxe” .

Sociedade

Publica o teu comentario agora