O pleno do concello de Fene deu o seu apoio á Folga Xeral do 14N

O pleno do concello de Fene deu o seu apoio á Folga Xeral do 14N

09 de Novembro, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A renuncia á paga de Nadal por parte do alcalde e do concelleiro de obras, os únicos con adicación exclusiva na corporación municipal de Fene, provocou un encendido debate entre o PP e o voceiro do BNG que calificou de “populista” levar o tema ao pleno en vez de facelo dun xeito privado. O único tema no que toda a corporación sí estívo dacordo foi a redacción unitaria da Declaración Institucional polo 25 de novembro, Dia

A renuncia á paga de Nadal por parte do alcalde e do concelleiro de obras, os únicos con adicación exclusiva na corporación municipal de Fene, provocou un encendido debate entre o PP e o voceiro do BNG que calificou de “populista” levar o tema ao pleno en vez de facelo dun xeito privado. A portavoz do grupo popular defendeu que a renuncia ás pagas dos dous edís ten que ser aprobada en sesión plenaria porque é urxente dar un destino a eses cartos antes do 31 de decembro.
Todolos grupos da oposición reiteraron a petición de que se abonen as pagas extra de Nadal a todolos traballadores municipais. O punto aprobouse co voto de calidade do alcalde ao producirse un empate na votación.

O pleno debatiu tamen modificacións de diferentes partidas orzamentarias que cambian de destino ao sobrar nuns apartados e faltar noutros. Toda a oposición abstívose para que prosperase pero non sen antes criticar a urxencia, a improvisación, a desidica e a falta de debate anterior. Foron os calificativos de EU, psoe e bng á maneira de proceder do grupo de goberno.
O pleno aprobou ademais o pago a proveedores de varias facturas correspondentes aos anos 2010 e 2011 pendentes de pago, por un valor cercano aos 5.000€.

O único tema no que toda a corporación sí estívo dacordo foi a redacción unitaria da Declaración Institucional polo 25 de novembro, Dia Internacional da Violencia de xénero que leu o alcalde. Finalmente, coa abstención do PP, quedou aprobado o apoio institucional do concello de Fene á Folga Xeral do 14 de novembro, unha iniciativa do bloque á que se sumaron os socialistas e EU. Para argumentar a proposta Manuel Polo cifrou en 267.000 as persoas desempregadas en galicia, o 30% da poboación activa e 1.500 en Fene. Os tres grupos da oposición calificaron de “receitas inútiles” as aplicadas polo goberno central para reactivar a Economía. Manifestaron que a Folga é o único instrumento que lles queda aos traballadores para rexeitalas. A portavoz do grupo popular, Rocío Bértoa, manifestou que se absteñen por coerencia e reiterou que eles defenden os dereitos dos traballadores como é o da folga, pero tamén non respaldala.
O pleno rematou cunha ampla bateria de rogos e preguntas.

Sociedade