O Poboado das Pontes, elexido no Día Mundial da Arquitectura

O Poboado das Pontes, elexido no Día Mundial da Arquitectura

01 de Outubro, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Eume

A delegación ferrolá do COAG de Galicia elixiu o Poboado dás Veigas nas Pontes como “edificio emblemático” no que centrar o Día Internacional de Arquitectura, que se conmemora baixo a lema de “O arquitecto como transformador da cidade”. Construíouse para albergar aos traballadores da mina, entre 1947 e 1951. A delegación coruñesa elexíu a Lonxa do Gran Sol, construída en 1960 polos arquitectos, Félix Cald

O primeiro acto dos que se sucederán ao longo do mes será unha visita ao poboado pontés, a partir das seis desta tarde. Despois, a Casa Dopeso acollerá ás 19.00h a charla do profesor Xosé Lois Martínez. Por último inaugurarase na sala do Mercado Vello  unha exposición sobre o poboado das Veigas.

A delegación de Ferrol propón máis actividades culturais máis para este mes. No cinema Alovi das Pontes haberá un ciclo de cine todolos sabado do mes de outubro, os días 6, 13, 20 e 27, no que se proxectarán as películas Las Horas, El Show de Truman, Mulholland Drive e Revolutionary Road.

En Ferrol

A outra cita cinematográfica terá lugar en Ferrol, na sala de cinemas Dúplex, durante os xoves, os días 4, 11, 18 e 25 de outubro. Os arquitectos ferroláns continúan co ciclo que se iniciou co Día Mundial da Arquitectura do pasado ano. Proxectaranse Crash, Os Contos de Tokyo, Berlín, Sinfonía dunha Cidade e Gost in the Shell.

Finalmente, o próximo 19 de outubro inaugurarase no centro cultural Torrente Ballester a mostra “Dez anos de Proxecto terra”. Esta exposición recolle o traballo e os resultados logrados neste dez anos de vida do proxecto educativo sobre a arquitectura e o territorio. Os actos do Día Mundial da arquitectura desenvólvense simultaneamente en todas as cidades galegas. A Coruña centra os actos arredor do edificio elexido este ano, a Lonxa do Gran Sol (1960).

Sociedade