O poeta debe poñer en xogo as súas vivencias, afirmaba Ramiro Fonte

O poeta debe poñer en xogo as súas vivencias, afirmaba Ramiro Fonte

14 de Outubro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A poesía non ten razón de ser se non hai un destinatario posible. Pero o poeta debe poñer en xogo as súas vivencias. A poesía ten moito de monólogo interior, pero tamén algo de diálogo cun interlocutor, segundo afirmaba o escritor de Pontedeume Ramiro Fonte. Era poeta e director do Instituto Cervantes de Lisboa. Faleceu o 11 de outubro do 2008, e con motivo do seu primeiro cabodano, organizouse unha homenaxe que se celebrará o vindeiro sá

O Auditorio do Museo do Mar de Galicia, en Alcabre, acollerá o sábado, 17 de outubro, ás 12.00 horas da mañá a homenaxe. No acto presentaranse tres libros: as edicións dos seus derradeiros poemarios, Reversos, editado por Xerais, Xardín do pasatempo, que tira do prelo Tambre-Grupo-Editorial Luis Vives e tamén Ramiro Fonte, o libro dos amigos, unha obra colectiva na que os seus achegados lle renden tributo á súa memoria humana e literaria. Fonte faleceu o 11 de outubro do ano pasado en Barcelona tras unha grave doenza.

 

 

Ramiro Fonte nacera en 1957. Licenciado en Filosofía e Letras, profesor de Lingua e Literatura Galegas, era director do Instituto Cervantes de Lisboa. Poeta, narrador, ensaísta, crítico e estudoso da literatura galega, formou parte dos poetas do Colectivo Cravo Fondo.

Cultura