O polémico veo nas aulas

O polémico veo nas aulas

04 de Marzo, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

Despois de que a consellería de Educación indicara que a norma interna do colexio de Arteixo que impide o uso do veo islámico nas aulas é legalmente correcta, os cidadáns conciben esta polémica de maneira desigual. Mentres uns consideran que se está a vulnerar unha cuestión de liberdade individual, outros apuntan que se trata dunha prenda de vestir como outra calquera e que polo tanto a alumna musulmá debe acatar

O secretario xeral de Educación, Jesús Oitavén, explicou en Comisión Parlamentaria que a norma, incluída no regulamento interno do centro de Arteixo, foi aprobada por unanimidade exclusivamente como unha norma de convivencia. A opinión na rúa é que non se debe prohibir atendendo a motivos relixiosos e que non é necesario que se eliminen das aulas públicas todos os símbolos desa caste.

Asemade,  o secretario xeral mantivo que Educación ampara a autonomía do centro, aínda que rexeitou analizar que faría a consellería se todos os centros galegos prohibisen a asistencia ás aulas con veo. Son moitos os cidadáns que consideran que debe ser a propia Xunta a que deberá intervir creando una norma xeral para todos os centros, aínda que hai quen dubida que o Goberno galego teña competencias reais para facelo.

Sociedade