O POL supera a fase de exposición pública

O POL supera a fase de exposición pública

29 de Outubro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

O Plan de Ordenación do Litoral de Galicia recibiu un total de 3.965 alegacións durante a fase de dous meses de exposición pública. Os concellos de Camariñas, Ribeira, Boiro, Vilaboa e Valdoviño aglutinan o 75% do total destas achegas, e soamente 1.120 alegacións, o 31%, son diferentes, xa que no resto existen repeticións. Así o indicou o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, no anál

As achegas procedentes de particulares conforman o 91%, a metade destas reclamando cuestións alleas ao propio Plan ou referíndose a cuestións xerais sobre o propio modelo do POL. A Xunta, que analizará todas as solicitudes achegadas, valora positivamente o proceso de exposición pública e considera que a elaboración deste Plan supón un antes e un despois na protección do litoral galego.

Unha vez finalizado o período de consultas, o Plan será enviado á secretaría xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, que elaborará unha memoria, para dar paso a unha aprobación provisional do documento. A Xunta marca o mes de decembro para acadar esta aprobación.

Sociedade