O pop de Vetusta Morla aterra mañá en Ferrol

O pop de Vetusta Morla aterra mañá en Ferrol

28 de Agosto, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

 A música segue a brilar en Ferrol. As festas de verán estannos a deixar grandes concertos de grandes artistas e a fin de semana non podía non contar con algunha actuación de luxo. O pop indie de Vetusta Morla chegará mañá á cidade departamental.

A partir das dez e media na praza de Armas, comezarán a soar as composicións deste grupo que despunta no panorama musical nacional. O domingo será a quenda dos grupos da comarca. Idem, Habitación 92, Presa Fácil e Néboa actuarán a partir das oito da tarde na praza de Armas. Xa na semana que ven, o luns terán lugar os actos conmemorativos  da festividade de San Ramón. Ás 12:30 da mañá o alcalde Vicente Irisarri presiduira a ofrenda floral na estatua de Don Ramón Plá y Monge. Na tarde haberá un festival de Rondallas, unha tarde que deixará paso aos fogos de aritifico tradicionais dese 31 de agosto.

Sociedade