O Pote repara o tellado

O Pote repara o tellado

24 de Outubro, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O Pote de Maniños organiza un magosto para o venres 8 de novembro. A entidade prepara asimesmo unha cea baile do farolillo para o sábado 30 de novembro. Pero o máis importante, queren reunir fondos para sufragar a reposición do tellado e máis o amaño do local.

O tellado do Pote filtraba moita auga e parecía unha regadeira, segundo o presidente da entidade Juan José Cabana. Tiñan unha subvención para o pintado interior do local, pero houbo que amañar antes a cuberta. Contan cunha subvención da Xunta de Galicia, pero non chega para o orzamento das obras, segundo o presidente.
A directiva do Pote quere tamén realizar labores de mantenemento no parque da entidade.  O máis urxente é o rapado e limpeza do peche de thuias.

Sociedade