O PP acusa ao goberno local de oscurantismo nas obras de abastecemento de auga en Rande

O PP acusa ao goberno local de oscurantismo nas obras de abastecemento de auga en Rande

07 de Abril, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

Lembran ademais que dito informe fora solicitado polo grupo municipal do PP logo de coñecer a preocupación veciñal ante unhas obras de conducción de auga para a zona onde se pretenden facer os recheos en Rande.

Os populares, ante a preocupación existente entre os veciños, solicitaran este informe meses atrás e descubriron o pasado xoves que a documentación estaba en poder do alcalde dende o 5 de marzo sen que lles fose trasladado ao grupo popular.

Un informe no que a secretaria municipal recolle literalmente que “as obras non se atopan legalmente amparadas e que se debe requerir á concesionaria para a súa paralización”.

A existencia do informe púxose en evidencia no pleno do pasado xoves cando o concelleiro de medio ambiente fixo referencia a el no transcurso do debate.

 

Institucional