O PP de Ares emprega recursos públicos para beneficio electoral

O PP de Ares emprega recursos públicos para beneficio electoral

31 de Agosto, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O concello de Ares acaba de denunciar que o PP da localidade emprega recursos públicos para o beneficio do partido. Así o indicou o alcalde da vila, o socialista Julio Iglesias Redondo, quen asegurou que o voceiro do Partido Popular, José Manuel Cendán, emprega fotocopiadoras do Concello para imprimir propaganda que se reparte pola localidade e na que figura o logotipo do PP. Dende o consistorio aseguran que estas sospeitas xurdiran hai tempo, cando a vila se encheu de panfletos

Estas sospeitas confirmáronse hoxe e dende o goberno apuntan que estas prácticas son, cando menos, pouco morais, xa que se están a empregar recursos públicos para obter rendemento electoral dun partido. 

Sociedade