O PP de Pol critica ao Concello pola sentenza que o obriga a pagar preto de 2.000 euros a unha ex traballadora municipal

O PP de Pol critica ao Concello pola sentenza que o obriga a pagar preto de 2.000 euros a unha ex traballadora municipal

11 de Maio, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

O Partido Popular de Pol cualificou de “novo varapau” a sentenza do Xulgado número 2 de Lugo que obrigaba ao Concello a indemnizar a unha traballadora con 1.988, 41 euros por despido improcedente. Segundo o seu voceiro, Xosé Luis Fugarolas, o equipo de goberno do municipio lugués non fai mais que “danar os intereses económicos de todos os veciños do municipio”, xa que, tal e como xustifican desde o PP “ademais de pagar as indemnizacións

Os populares lembran que o ano pasado os tribunais xa consideraron improcedentes o despido de varios traballadores municipais, o que conlevou “o pago, a cargo do Concello, da conseguinte indemnización”.

Fugarolas tamén insistiu en que o edil, Lino Rodríguez, “decidiu recorrer á xustiza para intentar non abonar a unha das traballadoras afectadas o que lle correspondía por quilometraxe dos anos 2007 e 2008, así como os trienios desde xuño de 2008 a decembro de 2009, así como a parte proporcional das vacacións no desfrutadas no 2009”. A sentenza do proceso, que dependía o xulgado nº 2 de Lugo, obriga a abonar a cantidade correspondente, que ascende a 1.988,41 euros sen posibilidade de interpoñer recurso.

Sociedade