O PP debe resolver a sucesión de Baltar no medio dun inaudito rancor interno

O PP debe resolver a sucesión de Baltar no medio dun inaudito rancor interno

29 de Xaneiro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

No PPdeG todas as miradas están postas no congreso para a renovación da dirección provincial do Partido Popular de Ourense. Esta fin de semana resólvese a sucesión do barón ourensán, José Luís Baltar Pumar, tras 17 anos no cargo, pero tamén conclúe unha campaña de primarias desenvolvida arredor dun inaudito rancor entre os candidatos. O deputado autonómico e fillo do actual presidente provincial, José Manuel Ba

Perante as sospeitas de que a influencia de Baltar Pumar e unha presunta rede clientelar poida condicionar o resultado da votación, Mariano Rajoy decidiu mandar observadores do partido estatal a Ourense. En declaracións a Radiofusión durante a campaña, o candidato José Manuel Baltar, criticou ao seu rival, o oficialista Juan Jiménez Morán, alcalde de Verín, por non ter programa, ao tempo que confiaba na “neutralidade” de Núñez Feijóo, que, segundo afirmou, lle “garantiu en primeira persoa”.

Jiménez Morán tamén falou para as Emisoras Municipais e expresou as súas reservas sobre a candidatura do fillo do actual presidente. “É unha elección entre afiliados na que non deberan contar os apelidos”, reclamou, ao tempo que defendía que as súas ideas estaban en perfecta consonancia coas da dirección do partido.

Institucional