O PP négase a investigar o novo hospital de Vigo

O PP négase a investigar o novo hospital de Vigo

15 de Setembro, 2015 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

O PP fixo valer este martes a súa maioría absoluta no Parlamento para tombar a solicitude que, formulada conxuntamente por AGE e BNG e apoiada por toda a oposición, pretendía abordar nunha comisión de investigación toda a xestión realizada en torno ao novo hospital de Vigo, dende a súa contratación polo modelo público privado ata o controvertido traslado, paralizado tras detectarse a presenza de xermes  e que, segundo

A conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera, compareceu esta tarde no Parlamento de Galicia para defender o proceso de traslado ao novo hospital de Vigo, o Álvaro Cunqueiro. No medio de fortes protestas da oposición, Mosquera asegurou que se optou por un modelo público-privado porque «era facer ou non facer». Por tanto, segundo a conselleira, non se podía facer doutra forma. Era a maneira, dixo, de lograr un hospital «non peor escenario económico» e de facelo «non menor tempo posible». Non fixo referencia ao considerable atraso nas obras.

Sociedade